Saltar ao contido

Heródico de Babilonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHeródico de Babilonia
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Selêucia do Tigre (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo, comediógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século II a. C. Editar o valor en Wikidata)
ProfesoresCrates of Mallus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Heródico de Babilonia (latín : Herodicus, grego Ἡρόδικος) foi un poeta grego da segunda metade do século II que escribiu un importante epigrama atacando aos gramáticos da escola de Aristarco, un epigrama citado por Ateneo de Naucratis e que forma parte da Antoloxía grega.

Do contido do epigrama pódese deducir que este Heródico babilónico é a mesma persoa que o gramático Herodieo, a quen Ateneo menciona como Herodieus ho Crateteios (ὁ Κρατήτειος). Probabelmente foi o sucesor ou un dos primeiros sucesores de Crates de Malos e un dos que apoiou a escola de Pérgamo contra os seguidores de Aristarco. Escribiu a comedia Κωμῳδούμεναι Komodúmenai Persoas satirizadas nas comedias, Ateneo tamén fai referencia a outras dúas obras, σύμμικτα ὑπομνήματα Tratados diversos e Πρὸς τὸν Φιλοσωκράτην Contra os admiradores de Sócrates[1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Düring, I., Herodicus the Cratetean. A Study in antiplatonic Tradition. Estocolmo, 1941, Wahlström & Widstrand.
  • William Roger Paton, The Greek Anthology, Loeb Classical Library, Londres ,1927, p. 168 y 399.